Tuesday 07 de May de 2024

Arrancan os cursos de cociña no Concello de Ordes


O Concello de Ordes arrancou esta semana cos novos cursos de cociña, que cada ano espertan máis interese entre a veciñanza. Os primeiros en poñer a pota ao lume foron os preto de 20 inscritos no nivel de iniciación. Un ano máis o xefe de cociña encargado de impartir as clases e vixiar que nada se queime é Manuel Iglesias Vieites.